Rede Xuntos y Xuntos.org

Xuntos.org é unha plataforma de atención online para a poboación Lésbica, Gay, Bisexual e Transexual de Galicia (LGBT).
Os nosos obxectivos básicos son tres:
1) Servir de centro de atención online, soporte e apoio para tódalas personas LGBT de Galicia, Portugal e outras zonas que o necesiten. Este soporte é feito vía e-mail, messenger (consultas personais e confidenciais) ou mediante foro /blog para cuestións xerais e anónimas.
2) Como centro de documentación é asesorar, informar e reunir nunha única páxina web toda a documentación LGBT de interse e información relacionada que, en moitas ocasións se encontra espallada en diferentes páxinas.
Desta maneira, se consegue un portal con documentación LGBT pública, gratuita e accesible.
Información moi útil, tanto para as asociacións como para os demáis cidadáns e que pode servir como soporte (resolución de dúvidas), para fazer estatísticas, para deseñar campañas de concienciación ou educativas, estudios ou investigacións, etc
3) Rede Xuntos de páginas web de Galicia. A idea é crear unha rede LGBT cibernética en Galicia e Portugal ben conectada que faga máis doado o acceso á comunicación, igualdade, visibilidade, normalización e á información. Asemade, téntase ser soporte para asociacións LGBT. Se queres formar parte da Red Xuntos ou colaborar na redacción de contidos, noticias, etc... só tes que enviar un e-mail a webmaster@xuntos.org