Denunciar LGBTfobia ou serofobia

Se tes sufrido unha agresión física, psicolóxica ou humillacións por motivo da túa orientación sexual ou por ser VIH positivo:
1º) Debes dirixirte ó Hospital público máis próximo e conseguir un parte de lesións que deberás mostrar na denuncia.
2º) Acude ó Xulgado de Guarda da vila ou cidade na que se produciran os feitos. Se non podes, vai á comisaría de Policía ou ó Cuartel da Guarda Civil.
En calquer servizo de atención ou asociación de lesbianas e gays poden axudarte a redactar a denuncia. Se non consegues lembrar todo o que sucedeu poderás face-lo máis adiante nun escrito de ampliación.
É moi importante conseguir testemuñas que se ofrezan a declarar nun xuizo porque o seu testemuño vai ser fundamental para conseguir a condena do/s agresor/es. O Código Penal recoñece a homofobia como agravante que se aplica cando o motivo da agresión é a orientación sexual da persona.
Teléfonos de urxencia :
Máis información:
- Consellos para a túa seguridade
- Directorio de hospitais e centros de saúde en Galicia
- Listado de Xulgados en Galicia
- Comisarías da Policía Nacional
- Cuarteis da Guarda Civil
- Asesoría xurídica para persoas que sufran serofobia
Discriminación en comercios y servicios:
- Denuncia de discriminación en establecementos de servicios
Se tes sufrido unha agresión e precisas apoio, escríbenos...