Aviso legal

Propiedade intelectual
Xuntos.org, é un dominio en internet de titularidade de Xuntos, Plataforma de Atención á Poboación Lesbiana, Gay, Bisexual e Transexual de Galicia.
Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio www.xuntos.org e dos seus contidos (textos, imaxes, son, audio, video, deseños, creatividades, software) pertencen a Xuntos, Plataforma de Atención á Poboación Lesbiana, Gay, Bisexual e Transexual de Galicia.ou, no seu caso, a terceiras personas.
Se permite ó usuario a visualización de tódolos elementos, a súa impresión, copia ou armacenamento no disco duro do ordenador ou noutro soporte, así como a súa difusión. Será precisa a mención explícita da Plataforma Xuntos como fonte da información difundida ou armazenada. Queda terminantemente proibida a modificación, alteración e descompilación da páxina web ou dos elementos nela integrados.
Protección de datos personais
Xuntos, Plataforma de Atención á Poboación LGBT de Galicia está comprometida co respecto á intimidade do usuario, en cumprimento da normativa vixente (Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999, decretos e normas que a desenvolven).
Os datos facilitados a través de teléfono, sms, e-mail, correo postal e por outros medios alternativos (blogues e redes sociais); só serán utilizados de forma confidencial co fin de responder á información, consultas ou suxerencias e de xestionar a páxina web. Nunca serán utilizados para outros fins nin serán cedidos a terceiros.
As respostas dadas a través da sección consultas e contacto teñen carácter informativo, sin que, en ningún caso, poidan derivarse da contestación efectos xurídicos vinculantes ou unha resposta correspondente a un profesional (traballador social, psicólogo/a, sexólogo/a, avogado/a... etc). Nestes casos se fai a derivación a un/unha profesional.
Esta páxina web non recolle nin almacena datos personais dos seus visitantes. Non se empregan cookies para obter información dos usuarios nin se rexistran direccións IP. Esta política de privacidade é de aplicación á páxina web da Plataforma Xuntos www.xuntos.org, e non se garantiza nos accesos a través de enlaces con este sitio, nin ós enlaces desde este sitio con outras webs.